9 Outubro Candelexas


DATA.-Domingo 9, Outubro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"En busca da chacha perdida"
XENERO:Comedia
AUTOR: Guión: Víctor Vez
DIRECCIÓN:Víctor Vez
DURACION: 95 min.
GRUPO: "Candelexas Teatro", (Noia)
Reparto:
MARTA………..Puri Fernández
XULIO NOGUEIRA …….Víctor Vez
Srtª GARCÍA……… Puri Vez
ANGUSTIAS……….Rosamaría Hermo
MANUELA……….Lucía Vázquez
SOFÍA……….Gabriela Martínez
VENANCIA……….Rosamaría Hermo
FLORA ……….Lucía Vázquez
AICHA ……….Gabriela Martínez
JONATHAN ……….Iago A. Vez
XONXA……….Antía A. Vez
Fräulein HELGA ……….Mariló Vélez
Miss EVELYN……….Puri Vez
DѪ VICTORIA EUGENIA DE AGUILAR ……..Mariló Vélez
Sinopse:
Un matrimonio de xubilados "relata" as penurias que pasaron perante corenta anos para encontrar a empregada do fogar ideal.
Polo domicilio conxugal van pasando diferentes personaxes o que da lugar as mais variadas e divertidas escenas: A perfeccionista, a"besta" enganchada a certos programas de televisión, a inmigrante reivindicativa….
Mesmo chegaron a recorrer á colaboración da sogra cando nace o primeiro fillo, pero a relación sogra xenro non era a mais cordial posible.
Cando xa os dous fillos que tiveron, foron medrando decidiron contratar estranxeiras "au pair", para que os rapaces aprenderan idiomas, pero tampouco foi unha decisión moi acertada que digamos. Os rapaces no so aprendían idiomas……
Ao cabo a solución estaba na casa, pero tardaron corenta anos de descubrilo.
Situacións cargadas de ironía que, ao mesmo tempo que provocan verdadeiras gargalladas, dan lugar a unha aceda critica social de tipos e personaxes moi frecuentes na nosa sociedade.

2 Outubro Bradomin Teatro

OBRA:“Levadas polo vento”
XENERO:  Drama
DIRECCIÓN:    Gustavo G. Dieste
DURACION:   1 h. 55 min.
GRUPO: Bradomin Teatro”,  
(A Pobra do Caramiñal)
Reparto:
INES................................... MARILÓ RIOS
SUSANA........................... BALBI HERMO
LUISA....................... AURORA SOBRIDO
ROSARIO............. MILAGROS VAZQUEZ
REMEDIOS, PILAR....... PITUSA SUAREZ
XEROME .......................MANUEL PAISAL
ISABEL............................ BALBI DIEGUEZ
PAQUIÑO..................ANTONIO FUENTES

Sinopse:

ANO 1931. INÉS E SUSANA VIVEN NUNHA PEQUENA VILA ESPAÑOLA. ANTES DE CASAR, SUSANA DESCOBRE O QUE SINTE POR INÉS.
SON TEMPOS DUROS EN ESPAÑA, TEMPOS DE MISERIA E DE GUERRA. PERO INÉS E SUSANA, A PESARES DO TEMPO NO QUE LLES TOCOU VIVIR, QUEREN SER PERSOAS LIBRES.
PARADÓXICAMENTE, O SEU AMOR IRÁ CRECENDO A MEDIDA QUE SE VAIA AFUNDINDO TODO AO SEU REDOR.
LEVADAS POLO VENTO É UN ESPECTÁCULO QUE FALA DE AMOR E TAMÉN DE SUPERVIVENCIA, DA LOITA POR CONSEGUIR O QUE SE DESEXA. FALA DE LUGARES, DUNHA VILA PECHADA, DUNHA ESPAÑA ATRAVESADA POLA FERIDA DA GUERRA,PERO TAMÉN DA ESPERANZA POSTA NUN CAMIÑO A LIBERDADE.




Ciclo DAE XII


DAE XII
O venres 23 de Setembro, presentouse os medios de comunicación o XII ciclo de teatro afeccionado do Concello de Ferrol, "Domingos a Escena", (DAE XII).

Cartel da 1a, parte do ciclo, "DAE XII"

DAE XII


DAE XII
O próximo 2 de Outubro comenzamos o Ciclo de Teatro afeccionado de Ferrol
A programación da 1ª parte do XII Ciclo aparecerá en días próximos.
Anunciamos que polo Centro Cívico de Caranza, tódolos Domingos, van pasar grupos de Teatro de Ferrol, Ferrolterra, e das catro provincias galegas.

Premio do Publico


"Bases do premio do Publico"
O grupo organizador de "Domingos a Escena", decidiu publicar as bases do premio, o principio de cada ciclo, para non ter que andar buscando en datas anteriores.