9 Outubro Candelexas


DATA.-Domingo 9, Outubro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"En busca da chacha perdida"
XENERO:Comedia
AUTOR: Guión: Víctor Vez
DIRECCIÓN:Víctor Vez
DURACION: 95 min.
GRUPO: "Candelexas Teatro", (Noia)
Reparto:
MARTA………..Puri Fernández
XULIO NOGUEIRA …….Víctor Vez
Srtª GARCÍA……… Puri Vez
ANGUSTIAS……….Rosamaría Hermo
MANUELA……….Lucía Vázquez
SOFÍA……….Gabriela Martínez
VENANCIA……….Rosamaría Hermo
FLORA ……….Lucía Vázquez
AICHA ……….Gabriela Martínez
JONATHAN ……….Iago A. Vez
XONXA……….Antía A. Vez
Fräulein HELGA ……….Mariló Vélez
Miss EVELYN……….Puri Vez
DѪ VICTORIA EUGENIA DE AGUILAR ……..Mariló Vélez
Sinopse:
Un matrimonio de xubilados "relata" as penurias que pasaron perante corenta anos para encontrar a empregada do fogar ideal.
Polo domicilio conxugal van pasando diferentes personaxes o que da lugar as mais variadas e divertidas escenas: A perfeccionista, a"besta" enganchada a certos programas de televisión, a inmigrante reivindicativa….
Mesmo chegaron a recorrer á colaboración da sogra cando nace o primeiro fillo, pero a relación sogra xenro non era a mais cordial posible.
Cando xa os dous fillos que tiveron, foron medrando decidiron contratar estranxeiras "au pair", para que os rapaces aprenderan idiomas, pero tampouco foi unha decisión moi acertada que digamos. Os rapaces no so aprendían idiomas……
Ao cabo a solución estaba na casa, pero tardaron corenta anos de descubrilo.
Situacións cargadas de ironía que, ao mesmo tempo que provocan verdadeiras gargalladas, dan lugar a unha aceda critica social de tipos e personaxes moi frecuentes na nosa sociedade.

Ningún comentario: