23 Outubro - Airiños


DATA.- Domingo 23, Outubro 2011
HORA: 19:00 h.
OBRA:"Ata que a morte nos separe!"
XENERO: Farsa
AUTOR: Baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás", de Enrique Jardiel Poncela. (Versión de Esther F. Carrodeguas)
DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas
DURACION: 90 min.
GRUPO:"Airiños", (Rianxo)
Reparto:
Emilio - Pepe Collazo
Catalina - Mucha Ordóñez
Juana - Merchi Pimentel
Adela - Tareixa Gey
Luisa - Ramona Golias
María - Raquel Lodeiros Pimentel
Xosé - Segis Zúñiga
Bermúdez - Paco Carnota
Valentina - Mari Santos
Hortensia - Graciela Muñiz Teijeiro
Taboada - Tino Miranda
Ricardo - Saro Varela
Productor TV - Xián Iglesias
Productor TV - Álvaro Ordóñez Iglesias
Heliodoro - Bautista O Quinto
Elisa - Ánxela Silva
Margarita - Patricia Carnota PérezFlorencia - Lupe MazariegosFederico - Pepe RodríguezFernando - Javi GeyGuinnes - Xesús Santos

Sinopse:
Na casa do Señorito Ricardo está todo en revolución. As criadas voan dun lado a outro, rezan o rosario, traen auga, van a por tila, danlle ao abano. Non falta de nada... agás os cartos. Mais esta mesma mañá veu por fin verificada a apertura do testamento dun tío millonario. Porén, o señorito pechouse na habitación entre laios e bágoas e ninguén sabe o que pasa. Tanto menos Emilio, carteiro de profesión e que está na casa so para entregar un paquete. Mais non so de bágoas vive esta comedia, xa que o señorito, por veces, bota a rir. Algo terá que ver un antigo amigo e doutor estrafalario que parece ter inventado algunha das súas trangalladas para vivir mellor. Qué terá inventado desta vez? Cantos tipos de mosquitos poden habitar nunha illa deserta? Qué lonxitude teñen as pernas máis longas do mundo? Cómese a sopa coa culler ou co garfo? A estas e outras interesantes preguntas responde esta hilarante farsa de Enrique Jardiel Poncela que nos levará de regreso ao pasado, ao presente e ao futuro.

Ningún comentario: