16 Outubro – E.M.T. Laxe


OBRA:"Fillas da néboa"
XENERO: Traxicomedia
AUTOR: Creación colectiva
DIRECCIÓN: Afonso García
DURACION: 60 min.
GRUPO:"E.M.T. de Laxe", (Laxe)
Reparto:
Antía Sacedón Costa.
Juan Mouzo Pose.
Ana Ramos Lavandeira.
Marisa Vigo Candal.
Soledad Lema Lema.
Pablo Ordóñez Santos.
María Sacedón Cundíns.
María del Carmen Castro Senande.
Valeria Cagigao Castro.
Nerea Martínez Castro.
Candela Martínez Castro.
Sinopse:
FILLAS DA NÉBOA mergulla ao público nun heteroxéneo universo de situacións cun elevado grao de realismo e humor. Ao longo desta divertida historia o espectador transitará por diversas sensacións que provocarán o sorriso e a reflexión. A través dun xogo teatral, que insire ao espectador na maxia do acto literario, formúlanse preguntas sobre numerosos temas de actualidade:
-O complexo universo das relación humanas (coa parella; coas nais – pais – fill@s; no traballo, no tempo de ocio) e as consecuencias destas na personalidade do ser humano.
-A timidez, o retraemento e a pusilanimidade como atrancos que impiden desenvolver plenamente a personalidade.
- As actitudes machistas que aínda predominan en diversos sectores da sociedade.
- A ledicia, a fantasía e a maxia como instrumentos que permiten superar os desequilibrios emocionais, discapacidades e conflitos de personalidade.
-As diferentes disciplinas artísticas (pintura, escultura, literatura) como fontes de pracer e superación.
-A influencia dos medios de comunicación na nosa sociedade.
-A relevancia da educación no ser humano para acadar a verdadeira liberdade.
-O respecto ao medioambiente.
    Todo estes temas serán tratados polas actrices e actores da compañía desde unha perspectiva cómica que amosan unha concepción do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, sentimento, poesía.

Ningún comentario: