19 Outubro - Mariñán

Domingo 19 de Outubro, no Centro Cívico de Caranza as sete da tarde,  o grupo de teatro “Agrupación Teatral Mariñán”, de Betanzos, 
representa a obra: “Martini Seco”.
 Reparto:

PHYLLIS: Sara Zabalza
CAROL / JULIET: Inés Valiño
HOWARD: Juan J. Vázquez
SAM: José Luis Mañana

Sinopse:
 Unha das características do adúltero é que sempre está cos pés nun sitio e a cabeza noutro. Poderíamos dicir que se trata dunha persoa con problemas de concentración, aínda que paradoxicamente debe ser moi coidadoso para non deixar probas... 
Non existen estatísticas fiables sobre o número de adulterios que se cometen no mundo cada hora, cada minuto, cada segundo. Pero son tantos que non é aventurado afirmar que a base do matrimonio é o adulterio. Máis aínda: a base na que se sostén a realidade da nosa sociedade é o adulterio. Polo menos é a base na que se sostén a realidade de Sam e o seu matrimonio con Phyllis.

5 Outubro - O Bordelo



O próximo domingo 5 Outubro, no Centro Cívico de Caranza, as sete da tarde, o GT. "O Bordelo" de Cervo-Lugo, porá en escena a súa obra, "Os amores do Mariñán", escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

Reparto:
Cosme.- Antonio González Villares-Patoso
Turista.- Mª Paz Rodríguez Silva
Lola.-  Dolores Viamonte  Rey
Perfecto.- Xosé Vicente Mon
Cantineiro.- José Manuel González-Copa
Mariñán.- Francisco Piñeiro González
Sinopse:

OS AMORES DO MARIÑÁN, unha comedia enraizada na idiosincrasia da nosa comarca, a Mariña Lucense. Enmarcado nun teatro do presente, retranqueiro e irónico que baixo a aparencia da broma tratamos os temas máis serios.

21 Setembro - Carrachanacacha




Domingo 21 de Setembro, no Centro Cívico de Caranza as sete da tarde,  o grupo de teatro “Carrachanacacha”, (Aturuxo de Melpómene), de Narón, 
representa a obra: “Cipriano de Bequelar”.
Obra premiada o mellor espectáculo, en varios certamenes de teatro.
 Reparto:

CIPRIANO: Quique Vázquez
CANDUCHA: Lorena  Montero
WENDOLIN: Paula Morado
MARILIM: Silvia Casal


Sinopse:
                   “Un chega desde París, feito um poeta, contando con que o recibam os gaiteirinhos da súa aldea, con foguetes e copichuelas… e recíbeno desta maneira”.

29 Xuño - Teatro Ad Libitum

Domingo 29 de Xuño, no Centro Cívico de Caranza as sete da tarde,  o grupo de teatro “Ad Libitum”, de Ferrol, 
representa a obra: “Vaia tropa!”.
Reparto:
Barbara.....Anuska Gonzalez
Daniel….Carlos Gomez
Engracia….Manuela Pantin
Consuelo.....Fany Salido
Isabel....Maria Jose
 Luz e son: Fran “Bolu”
Dirixe: Yuyi.
 Sinopse:
Comedia de enredo. Un matrimonio feliz ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos, pois consideran que a diferenza de idade na parexa, pode ser un seguro fracaso matrimonial.

22 Xuño - Crucía Teatro



Domingo 22 de Xuño no Centro Cívico de Caranza, (Ferrol), o GT. "Crucía Teatro" de Sta. Icía-Ferrol pon en escea a obra "Unha de vaqueiros".

Autor: Manuel Martínez Carrillo
Reparto: 
    Banqueiro…..........José Lage 
   Carlos Velón….......Peste 
   Carlos Gómez…..... Sherif
   José Gómez…........Cabalo cansado
   Bego Velón............Nube Rosa 
   José Carrodeguas…Sr. Keaton 
   Juani Rodríguez…...Ramirez 
   Anuska González...…Madamme Collete 
   Ana Pico…............Sepulturas
 Sinopse:
  Unha épica historia de tiros no salvaxe oeste… 

A seguinte historia non está baseada en feitos reais. As personaxes, lugares, feitos e datas son ficción, e calquera similitude coa realidade non só é pura coincidencia, senón tamén mera casualidade... 
2ª metade do século XIX, o pobo de Pecosville, en pleno territorio indio Síux. Unha vila ata o de agora tranquila, onde os rostros pálidos e os peles roxas conviven en paz, e onde nunca sucede nada; ata que a repentina chegada da Union Pacific e a construción do ferrocarril,  trabou ese estilo de vida, sosegado e calmo.