Compañía: “Teatro Ad Libitum”. (Ferrol).
.
Obra: “Cursiño de Italiano”.
.
.
Autor: Adaptación, texto de Franklin Rodriguez
Dirección: Yuyi Bastida.
.
Reparto:
Reparto:
Jose Cabana: Abelardo.
Loli Porto: Ela.
Fany Salido: Emilia.
Yuyi Bastida: O Nene.
Loli Porto: Ela.
Fany Salido: Emilia.
Yuyi Bastida: O Nene.
Son e luces: Emilio
Ficha técnica: Maquillaxe, Perruquería, e Vestiario: Ad Libitum.
Tradución e adaptación: Yuyi Bastida
Ficha técnica: Maquillaxe, Perruquería, e Vestiario: Ad Libitum.
Tradución e adaptación: Yuyi Bastida
Duración: 60 minutos
Sinopse:
Unha xoven que vai traballar en Italia, decide tomar unhas clases particulares de Italiano, en pouco tempo aprende unhas poucas frases, para chegar alá, empezar a traballar o día seguinte, e gañar moitos cartos, "coma os futbolistas", dicía Ela.
7 comentarios:
Breve historia de Max Teatro:
A asociación Max Teatro, nace en maio do 2001, para representar, aos grupos de teatro: “Ad Libitum”, “A machina”, Taller de teatro “Divir-TT”, Todos eles son grupos de teatro afeccionado de Ferrol.
As obras representadas desde a súa creación, ata agora, foron:
- “Arte”, de Yasmina Reza.
- “Una gloria nacional”, de Gonzalo Torrente Ballester.
- “El pavoroso caso de un señor cualquiera”, de G. Torrente Ballester.
- “Una historia de guerra”, de Eduardo Fra Molinero.
- “El Señor de las palabras” de Gonzalo Torrente Ballester.
- “La novela de Pepe Ansurez”, de Gonzalo Torrente Ballester.
- “O retrato da Baronesa Von Pfeifer”, de Rafael Mendizábal.
- “A morte non ven buscarte”, de Camilo Ces.
- “A miña muller é o fontaneiro”, de Hugo Daniel Marcos.
Max Teatro, coordina e colabora nos “Domingos a escena”, que o Concello de Ferrol ven celebrando desde o ano 2000,
Tamén organiza o mes de teatro do Casino Mugardés, desde o ano 2001
Contacto:
Yuyi Bastida, Tfno. 649301055
Correo Electrónico: max_teatro@yahoo.es
Teléfono Max Teatro, 609908189
Unha media de douscentos espectadores asistiron ó ciclo Domingos a Escena
DIARIO DE FERROL
Domingo 27 de Abril de 2008
REDACCIÓN > FERROL
O ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena péchase ésta tarde coa representación da obra “Cursiño de italiano” a cargo da compañía Teatro ad Libitum, de Ferrol. Foron catro meses ininterrumpidos nos que o teatro foi o único protagonista das tardes do domingos no Centro Cívico de Caranza.
Desde o pasado 13 de abril e ata hoxe pasaron polo Centro Cívico de Caranza un total de quince compañías procedentes de toda a xeografía galega. A media de espectadores por función rondou as douscentas persoas, unha cifra que pon de relevo a importancia deste ciclo de teatro afeccionado. Desde que comezou a funcionar, hai xa oito anos, Domingos a Escena converteuse en todo un referente do teatro non profesional, en Galicia. Ano tras ano aumenta o número de compañías e grupos que presentan a súa solicitude para actuar en Caranza, a demanda é, segundo un dos organizadores da cita Yuyi Bastida, de Max Teatro, moi superior ao número de datas dispoñibles. Por elo, precisamente, en cada nova edición (esta foi a octava) aumenta tamén a calidade dos traballos que chegan ata Ferrol, xa que hai máis sobre o que elexir, explica Yuyi. De feito, nos últimos meses puideron verse no escenario de Caranza obras de gran calidade e nalgúns casos gañadoras de premios teatrais tanto galegos como nacionais, é o caso de por exemplo “La Casa de Bernarda Alba” do Grupo Municipal de Teatro de Riveira. Sen embargo, e a pesar da gran demanda, as compañías de Ferrolterra teñen sempre un espazo asegurado no ciclo.
Parte do éxito de Domingos a Escena reside na boa resposta do público, que semana tras semana enche o patio de butacas. Ademais, hai que lembrar que as representacións son sempre ás sete da tarde e a entrada é gratuíta. É tamén un dos poucos ciclos de teatro afeccionado estable de Galicia é “case me atrevo a dicir de toda España”, señala Yuyi, que engade que é o único que ofrece unha programación tan longa, de oito meses ao ano dividida en dúas partes. Unha de xaneiro a abril, a que remata esta tarde, e outra de setembro a decembro. Precisamente, de cara a esa nova temporada, xa se está comezando a traballar. Así, aínda que todavía non hai nada pechado, estase barallando a posibilidade de introducir algunha novidades que axuden a mellorar a calidade do ciclo. Entre elas, está a creación do premio do público e do xurado á mellor representación, para animar deste modo aos grupos.
A Asociación “Max Teatro” é a encargada de coordinar o ciclo Domingos a Escena, que está patrocinado pola Concellería de Cultura de Ferrol e a Deputación da Coruña.
Hola Yuyi:Grazas por toda-la información enviada o longo do ciclo e polos servicios prestados.Se precisades algo non tedes mais que comunicarnoslo "Moita Merda" e mañá estaremos presentes na vosa estrea.Unha aperta para todos-das.Fina
Felicidades por vuestro trabajo y dedicación.
Hasta la próxima temporada, un saludo
Fusa
Parabéns polo voso excelente traballo.
Unha aperta dos vosos amigos de Vedra
PAPAVENTOS
Muchas gracias, por estos domingos. Una habitual de teatro
COMENTARIO REALIZADO NO PROGRAMA DE RADIO DA CADENA COPE "PREVIAS das Artes Escénicas e Musicais nos distintos recintos culturais de Ferrol e Comarca" do Luns 28 de Abril de 2008.
Como esta semana, a programación non era moi ampla, casi puiden facer pleno, pois soio me perdín a estrea da obra “CURSIÑO DE ITALIANO” do Grupo Max Teatro dentro do Ciclo Domingos a Escena que precisamente con esta obra clausuraba a Temporada 2007/2008. Pero segundo as fontes consultadas foi, como ven sendo habitual, un éxito, co aforo casi completo, 212 espectadores. Sempre que actúa o grupo Max Teatro, coordinador deste ciclo, nótase unha maior afluencia de público e as demostracións de afecto por parte dos espectadores son moi numerosas. Cousa que non é de extrañar pois os espectadores comproban todos os Domingos os esforzos que realizan para que este ciclo resulte ben e se manteña no tempo.
Hai que dicir que o Ciclo Domingos a Escena vense celebrando continuadamente dende o ano 2001. É dos poucos proxectos que resistiron o paso de tres corporacións e tres concellais: Bonifacio Borreiros PSOE, que foi o impulsor, Couce Fraguela I.F. e Yolanda Díaz IU e todos os anos evolucionando e mellorando o ciclo. Precisamente este Domingo parece ser que anunciaron que posiblemente para o vindeiro ciclo haxa máis sorpresas.
E posiblemente a razón desta continuidade sexa precisamente polo esforzo dos organizadores, a Asociación Max Teatro.Dende aqui a nosa noraboa e esperemos que, tanto o Concello como a Deputación,os sigan apoiando pois o Ciclo Domingos a Escena xa ten un recoñecimento en toda Galicia.
Segundo información dos propios organizadores, o VIII Ciclo de "Domingos a Escena" comezou o Domingo 28 de Outubro de 2007 e salvo dous Domingos nas Navidades e a suspensión de Bartoleta Teatro, por falecemento dun familiar, todos os Domingos, consecutivamente ata este Domingo 27 de Abril de 2008, no Centro Cívico de Caranza representouse algunha obra de teatro de grupos afeccionados de toda Galicia:
- 7 Grupos de Ferrol: Ti e máis eu Teatro, Amistade de Santamariña, Teatralia, Contraste N+1, Oquetiqueiras, Bartoleta e Ad Líbitum
- 4 Grupos da Comarca de Ferrol: A Pombiña de Pedroso, Equus de Miño, Teruca Bouza do Seixo e Arco Iris de Valdoviño.
- 11 Grupos do resto de Galicia: Salmonela e Art-Estudio da Coruña, Gº. Municipal de Teatro de Riveira, Escola de Tº. Airiños de Rianxo, Candelexas de Noia, Teatro do Improvisto de Boiro, Falcatrueiros de Monterroso, Metátase de Palas de Rei, Nova Escena de Lugo, Navia Teatro de Vigo e ¿Non si? Teatro de Baiona.
Para rematar,podemos dicir que non hai en Galicia, nin posiblemente no resto de España un ciclo de Teatro Afeccionado tan amplo e tan estable.
Publicar un comentario