. Compañia:
"G.T. Rueiro", (Coia, Vigo).. Obra:"A viuva de Dupont".
Autor: L. Tejedor, e E. Bariego.
.
Director: Luis Calvo.
.
. Reparto:
ROSA……………......…. Margarita Yañez
GABRIEL………..………...Manolo Vazquez
GLORIA………….......……… Pilar Bolado
AMPARO…………...…….. Rosa Leyenda
CARLOS………….……. Enrique Landesa
MARIANO……………. Dionisio Hernandez
JACQUELINE…..............…......Dolores Cal
CLOTILDE…………......………. Loly Lema
Sinopse:
“A viúva de Dupont”, é unha comedia dos escritores Luis tejedor e Enrique Bariego, dividida en dous actos, con catro cadros.
A obra desenvolvese nun apartamento de Gloria a viuva de Mauricio Dupónt un aviador militar francés, de altos vos sobre todo coas mulleres, que según a versión oficial caeu derribado na guerra. E unha comedia de enredo, na que un amigo de Gloria, Gabriel, moi timido coas mulleres, pretende a Gloria despois de perder a Mauricio, pero este non sabe como dicirlle que a quere e que quere casarse con ela. Pero conta con os tíos de Gloria como aliados o tío Mariano e a tía Amparo, sobre todo a tía Amparo que é a sua confidente, e que o final convence a Gloria para que se case con Gabriel, pero cunha condición que se respeten na casa as normas que tiña cando vivía Mauricio, e sobor de todo a de escoltar o igno da escuadrilla de Mauricio a hora en que caeu o avión, as 11 e cuarto, todos a pie firme e en silencio. A cousa liase cando outro amigo de Gloria e amigo de Mauricio, Carlos, a pretende tamén sen saber que xá está casada con Gabriel. Pero a cousa líase aínda máis cando aparece a prima de Mauricio e de Gloria, Jacquelín e que gústalle moito a festa a española e os viños españois, e lle dí a Gloria que o seu marido, está liado cunha amiga dela, Clotilde.
Todo aclarase o final, e Gloria esquecese de Mauricio e dos seus recordos, e volcase en amar a Gabriel.
2 comentarios:
HISTORIAL DO GRUPO DE TEATRO “RUEIRO” de Coia-Vigo
O Grupo de Teatro “RUEIRO”, forma parte do Centro Cultural Artístico e Recreativo “RUEIRO” da Parroquia “ Cristo da Victoria” de Coia, dende o ano 1.984, que escomenza coa representación de obras curtas como “ O testamento do tío Nacho” e outras, durante unhos anos interrumpese a sua actividade, voltando a recuperala no ano 1.994, coa maioria dos seus membros renovados, esta nova andaina escomenza coa preparación da obra de Eduardo Blanco Amor “ Galicia en Festa”, no ano 1.995 preparase a obra : “ Os vellos non deben namorarse” de Alfonso R. Castelao, no ano 1996 prepara a obra de Euloxio Rubial “ Azos de esguello”, no ano 1.997 preparase un monologo de Dario Fo “ La madre pasota”, no ano 1.998 preparase a obra: “ O pauto do demo” de Anxel Fole, que estreamos como colofón das Xornadas de Teatro de Primaveira organizadas polo Centro Cultural “RUEIRO” do 18 de Abril o 16 de maio, así mesmo foi representada, entre outros, nos Centros “Atlantida,” de Matamá, “ Nautilus de San Andrés de Comesaña, no ano 1.999 preparase un Entremes- comedia de Eduardo Blanco Amor , “ O complexo”, que estreamos o 15 de maio co gallo das Letras Galegas no noso Centro Cultural, no ano 2.000, preparase a obra “ Os cravos de prata”, do escritor Nicolas Bela e versión de Francisco Pillado, coa que participamos no Primeiro Certamen de Teatro Aficionado de Vigo no ano 2.001, no axuntamento da Cañiza e de Ponteareas, así como no Centro Cultural de Camos, Nigrán e no de Val de Fragoso de Vigo. Por último no ano 2.002 preparamos a obra: “ O BUFON”, de Xosé Dono, que extrenouse no noso Centro Cultural e coa que nos presentamos o Segundo Certamen de Teatro Aficionado de Vigo no ano 2.003, no ano 2004, preparamos a obra, “ Tan perfecto non te quero” de Adrian Ortega, que representamos en varios centros culturais e sociais de Vigo, e coa que nos presentamos no Terceiro Certamen de Teatro Aficionado de Vigo. Posteriormente no ano 2006 preparamos a obra “ A viuva de Dupont” de L. Tejedor e E. Bariego, traducida e adaptada o galego polo propio grupo. Con esta obra acudimos a representala no Centro Cultural de Matamá de Vigo, no propio centro Cultural un par de veces e no Cuarto Certamen de Teatro Aficionado de Vigo. Na actualidade estamos preparando a obra, “ A loteria” de Hugo Daniel Marcos.
O longo da nosa traxectoria de máis de vinte anos, o obxetivo do grupo ten sido sempre potenciar o teatro galego, En xeral a aceptación, acollida e valoración das representacións, por parte do público, ten sido positiva, o cal anímanos a continuar nesta ardua tarefa de potenciar o Teatro Aficionado, sobor de todo o Teatro Galego.
Na actualidade participan no Grupo de Teatro 11 persoas, seis homes e cinco mulleres, baixo a dirección de Luis Calvo Cuesta, e un Vocal de Teatro que nos representa na Xunta do Centro Cultural Artístico e Recreativo “RUEIRO”, Loly Lema, cuio teléfono móvil é o 610 22 15 42.
Vigo 1 de Xaneiro de 2.008
DIARIO DE FERROL
Ferrol Sábado 29 de Noviembre de 2008
O teatro afeccionado gaña adeptos durante a fin de semana na comarca
REDACCIÓN > FERROL
“A viuva de Dupont”, unha comedia de enredos escrita por Luis Tejedor e Enrique Bariego, represéntase mañá no centro cívico de Caranza dentro do ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena. Esta é, sen dúbida, unha das actuacións fortes de cara a fin de semana, pero non a única xa que as funcións de teatro afeccionado multiplícanse pola comarca.
O grupo de teatro Rueiro de Vigo é o encargado de achegar ata Caranza a comedia “A viuva de Dupont”. Nove actores, dos once que integran na actualidade a compañía, dan vida aos protagonistas desta historia que se desenvolve no apartamento de Gloria, a viuva de Mauricio Dupont, un aviador militar francés. A trama comeza cando Gabriel, un home moi tímido coas mulleres, achégase a Gloria coa intención de conquistala. Na súa aventura amorosa Gabriel contará coa axuda inestimable dos tíos da viuva de Dupont. Finalmente conseguirá casarse con ela pero será, precisamente, neste intre cando a trama se complique todavía máis ao aparecer un novo pretendente de Gloria e algunhas amantes do seu novo marido.
A función comezará ás sete da tarde no centro cívico de Caranza e a entrada é de balde.
Tamén mañá e a esa mesma hora, aínda que nesta ocasión na Casa da Cultura de Neda, estréase a última obra de Luis G. Ramos, “Móbil”. A compañía Imaxina-T porá sobre as táboas do auditorio nedense esta comedia repleta de crítica hacia a sociedade actual. De feito, o título da obra,“Móbil”, deixa pouco espazo á imaxinación. Trátase, segundo se explica no díptico da mesma, dunha “comedia telefónica dixital salpicada de humor amargo”, a crítica hacia unha sociedade incapaz de vivir alonxada dun aparatiño “móbil” e da dependencia xerada por este está presente de principio a fin. María Polo, Eva Vigo, Olalla Martínez e Alberto Suárez son os protagonistas desta peza que dirixe Luis G. Ramos.
Pero, a actividade cultural para mañá non remata aquí. Ás 18.30 horas no auditorio municipal deCedeira o mago Benxamín levará “A maxia de Benxamin e Loli”, un espectáculo que nace coa única idea de entreter, divertir e sorprender ao espectador. Pombas, panos, bastóns, líquidos ou fume fan desta función unha proposta moi visual e colorida. A música é outro dos elementos fundamentais deste xogo no que as cordas se cortan e recompoñen, as bariñas e abanos rómpense e os recompoñen os propios espectadores, os billetes multiplícanse,... todo é posible.
Outra das alternativas para a xornada de mañá atópase no local social de A Picota, no Couto, onde se pechará unha nova edición do ciclo “Tempo de Música” que organiza a entidade naronesa. Neste concerto de clausura actuará a xoven Banda de Narón e a Coral Amistad da AVV do Couto. O recital será, como de costume, ás seis da tarde. A festa do Samaín no local da entidade Agarimo de Sillobre é outra opción. A cita será ás seis e nela dous bruxos introducirán aos presentes no mundo máxico dos celtas.
Publicar un comentario