14 Novembro - Bartoleta Teatro

OBRA: "Mackie, o Navallas”
XENERO: Traxicomedia
AUTOR: Roberto Vidal Bolaño
DIRECCIÓN: Helga Méndez
DURACION: 90 min.
GRUPO: Bartoleta Teatro, (Ferrol)

Reparto:
Elisardo de la Cruz,
Espe Vidal,
Fer Ocampo,
Marta Sixto,
Lorena Calaza,
Helga Méndez,
Encarna Prieto,
Moncho Pantín,
Olga Fra,
Xabier Anidos,
María Martínez,
Mario Cibeira
Sinopse.
Mackie, un ladrón de pouca monta, convírtese no Sr Beckett: ascende ata as máis altas escalas sociais e económicas a través da chantaxe, o asasinato e a alianza coas altas esferas. Unha historia sobre a avaricia e a corrupción dos poderosos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

BARTOLETA por Manuel Cendán


Tiven ocasión de asistir no Centro Cívico de Caranza a unha das obras de teatro afeccionado promovido dende a Concellería de Cultura. A obra era “Mackie o navallas”, levada adiante por “Bartoleta Teatro”.


O certo é que Bartoleta ten raíces moi profundas na cidade, e ó logo do tempo poidemos seguir o seu traballo. Hai un crecemento na arte interpretativa e unha forza escénica tan contundente que ninguén pode negar que a etiqueta de semi profesionais quédalles pequena. Entre outras cousas, moitos deles teñen participado no documental de Xosé Abad “O segredo da Frouxeira”, e que fora patrocinado pola TVG e as asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica.


Hai en Bartoleta un compromiso cun teatro crítico, que usa a palabra e a interpretación para refereirse á realidade, e dende unha proposta de cambio social permanente. Algo que, ademais, vai acorde coa militancia dos seus membros noutros ámbitos culturais ou sociais. Tamén a participación, non sei se consciente, na recreación dun discurso cidadán que necesita reelaborar a súa propia historia e traxectoria vital, para dar ese Ferrol do século XXI contra o pesimismo endémico, en favor dun optimismo creador.

E optimismo e capacidade de crear dende as nosas propias forzas, son sinais de identidade das que participa Bartoleta. Debémoslles un traballo intanxible, que transmítese por transpiración. Forman parte dese Ferrol que constrúe en positivo. Que necesita diariamente saber ca existencia é cambio e compromiso de seu.