21 Novembro - O Bordelo

OBRA: “O espello do prestamista”
XENERO: Comedia
AUTOR: Francisco Piñeiro Gonzalez
DIRECCIÓN: Francisco Piñeiro Gonzalez
DURACION: 90 min.

GRUPO: Teatro O Bordelo, (Cervo, Lugo)

REPARTO:
Marcelina…..…......... Dolores Viamonte Rey
Lanceiro…................…… Xosé Vicente Mon
Flor………..……..María Paz Rodríguez Silva
Prestamista…. Xosé Manuel González-Copa
Venerando…....… Antonio González- Patoso
Miliano…….….. Francisco Piñeiro González


Sinopse:
Gotiñas de retranca e filosofía galega que xa veñen de volta dos ríos da historia enchoupadas de recordos dos castelos ou das tráxicas historias da emigración que queiramos ou non, desembocan neste mar turbulento actual onde os sentimentos afogan e nos facemos escravos do gran capital.Cambiamos de muiñeiro pero seguimos tendo patróns e o carto vai e o carto vén pero canto máis se vai menos se ten.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Gústanme as obras teatrais de O Bordelo porque reflicten moi ben a idiosincrasia galega. As súas obras fan rir e chorar a vez. Conseguen gañar ao espectador aos poucos minutos de pisar o escenario.
Que non decaia!