28 Novembro - Candelexas



OBRA: “Faladoiro no banco”
XENERO: Comedia
AUTOR: Victor Vez

DIRECCIÓN: Victor Vez
DURACION: 60 min.
GRUPO: Candelexas Teatro, (Noia)

REPARTO:
XANCIÑO Víctor Vez
RUPERTA Puri Fernández.
DOMITILA Lucía Vázquez
FARRUCO Iago A. Vez
MINIA Antía A. Vez
MONXA Puri Vez
SEÑORA PACA Rosa María Hermo
BASTIÁN Víctor Vez
ESPERANZA Puri Vez
MATEO Iago A. Vez
OLALLA Antía A. Vez
ANA Mariló Vélez
TERESA Gabriela Marínez
MATÍAS Víctor Vez
MERCEDES Lucía Vázquez
ENGRACIA Rosa María Hermo
FILOMENA Puri Fernández

VOZ do BANCO Chiki Durán


Sinopse:
Como nas dúas anteriores montaxes desta triloxía a acción ten lugar nun parque , onde un banco conta as historias que ocorren sobre del a través dun moinante: Xanciño co que ten a rara habilidade de comunicarse
Neste caso, unha monxa ingresa Xanciño nunha institución benéfica , o seu lugar no parque ocúpao unha vidente (Ruperta “a que todo o acerta”) que monta alí o seu “negocio”. Pola súa “consulta” van pasando os mais variopintos personaxes:
Una indixente que ven reclamar a débeda que Ruperta ten con ela polo aluguer dos seus fillos para pedir esmola.
Unha vella xorda con moita retranca que termina por poñer en evidencia as escasas habilidades adiviñadoras da suposta pitonisa.
Un pailán, procedente do “mais profundo das castelas” que fai unha consulta sobre súa paternidade. Ruperta “aplicase a fondo” para desplumar ao pailán.
Unha institutriz cos seus dous “pupilos”, dous “anxiños” de armas tomar.
Ao cabo a pitonisa pecha a “xornada laboral”, pero novos personaxes dan vida a mais historias: dúas mulleres cítanse no parque para falar das súas respectivas infidelidades conxugais, un “solteirón” tenta, sen éxito ligar con elas.
Tres mulleres acoden ao parque en procura do “solteirón” pero antes de que este chegue manteñen unha divertida conversa cargada de ironía e indirectas. Unha delas quedará ao final co solteirón, pero…… cal?.


1 comentario:

Anónimo dixo...

vale a pena levantarse do sofa para ir a vela!!!!